O festival “Neda en danza”, organizado polo Concello de Neda, confirma a súa boa acollida. Tras varios anos centrados na danza contemporánea, a terceira edición, que apostou polos sons de raíz e polo baile tradicional galego, convertía este sábado ao atardecer na contorna do albergue de peregrinos nunha sorte de serán, grazas ao Grupo etnográfico das Mariñas. Un encontro para reivindicar e desfrutar do noso.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.