Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, queremos que se respecte o sentir da cidadanía, non entendemos cales son as reticencias do alcalde para cumprir o que el mesmo vota fovorábelmente no pleno, xa o ano pasado colocaron a bandeira pasado o 28 de xuño e só despois de que protestáramos.
Mentres que o mes de xuño foi adoptado polas institucións para rexeitar a homofobia e amosar o apoio social a este colectivo, a menos de 48 horas do día do Orgullo LGBT, na mañá deste venres 26 de xuño aínda non está colocada a bandeira LGBT no balcón da Casa do Concello.
Mentres que hai semanas a bandeira LGBT luce nos balcóns dos Concellos veciños o goberno de Ponteceso parece ter reticencias co uso deste emblema de liberdade, diversidade e respecto, que ata non hai moito tamén xeraba consenso na sociedade en xeral, precisamente a perda dese consenso unánime é síntoma dun retroceso de dereitos e liberdades, e por iso o acto de colocar a bandeira arcoiris non é só un acto simbólico nin decidir non o facer non é unha decisión inócua, senon un paso atrás na defensa dos dereitos e liberdades civís.
De non se chegar colocar a bandeira, este é un exemplo dos numerosos imcumprimentos dos acordos plenarios por parte deste goberno formado polo PP, PG e apoiado por Adiante por Ponteceso.
No pleno de febreiro de 2025 o BNG presentou unha moción que quedou aprobada por todos os partidos (coa abstención únicamente dun concelleiro do PP) e na que se decediu adpotar os seguintes acordos:
1.Que por mor do 28 de xuño o balcón da casa do Concello luza faldón coa bandeira arcoiris en apoio ao colectivo LGBT.
2. Que este faldón estea colocado durante un tempo mínimo dun mes.
3. Que esta acción estea reforzada co deseño e desenvolvemento dun programa de actividades propias do Concello a prol da concienciación, visibilización e pola erradicación das desigualdades e das discriminacións sociais do colectivo LGBT.
Desde o BNG sempre defendimos que este símbolo, tal como expresa a sentencia do Tribunal Supremo de 2 de decembro de 2024 “…se proyecta a favor de la igualdad entre las personas, valor reconocido por la Constitución y por la Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. …”
E por tanto, exiximos a este goberno municipal que amose o apoio do Concello de Ponteceso ao colectivo LGBT e que dea así cumprimento ao sentir de toda a cidadanía pontecesá que aprobou este moción a través dos seus representantes no pleno.
De igual modo agardamos que pronto se anuncien as actividades programadas a prol da concienciación, visibilización e pola erradicación das desigualdades e das discriminacións sociais do colectivo LGBT.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.