O vindeiro domingo 15 de maio, a concellería de Cultura, Tradicións populares e Deportes organiza no Auditorio do Parque da Igrexa dentro da programación especial que se está a desenvolver no mes de maio con motivo da celebración das Letras Galegas, o concerto tradicional desta data.
Abrirá o acto a actuación do Coro Arumes da Fraga da Fundación Wenceslao Fernández Flórez , como xa ven sendo tradicional e a continuación actuará a Banda de Música Sementeira que estará acompañada nesta ocasión especial do Coro Galego Cántigas da Terra, que cumpre neste ano 100 anos de traxectoria cultural, unha das institución culturais máis antigas de Galicia.
Esta actuación do Coro está incluída na Rede cultural da Deputación 2016
O acto se iniciará ás 13:00 h.