O evento celebrarase na praia do Castro
A praia do Castro de Castiñeiras dará cabida á Iberian Windsurf Cup do 10 ao 12 de xullo; un evento que busca o mellor vento e ondas.
Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o presidente do Club de Windsurf Catro Ventos, Juan Parada; o directivo do Club de Windsurf Catro Ventos, Paulo Bueno; e o responsable da parte técnica e creativa do circuíto, Alberto Pérez.
O edil manifestou que “Ribeira é todo un referente no deporte e, como non podía ser doutro xeito, no verán toca potencias as disciplinas náuticas. A praia do Castro é un lugar de encontro para os amantes do windsurf, así que para nós é todo un orgullo acoller esta competición que reunirá aos mellores deportistas deste eido.”
O prazo de inscrición leva aberto dende o 20 de maio e agárdase acadar a participación dunha trintena de regatistas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.