Friday 22 de November de 2024

Ordes acolle un dos primeiros encontros ‘Ao teu carón antes que ninguén’, entre Abanca e empresarios galegos


 

O auditorio da casa da cultura de Ordes acolleu un dos primeiros encontros que directivos de Abanca están a ter con empresarios de distintos sectores. Baixo o título ‘Ao teu carón antes que ninguén’ preténdese explicar de primeira man a pemes e autónomos galegos o seu plan global de apoio ao tecido empresarial da comunidade. O dito plan contempla máis de 70 encontros informativos nas principais comarcas e localidades ao longo dos vindeiros dous meses. Calcúlase que a través desta iniciativa tomarase contacto directo con máis de 4.000 empresarios galegos. Entre os asistentes á cita de hoxe en Ordes atopábase Ramón Vázquez Raña, membro do equipo de goberno do Concello de Ordes.