A secretaria xeral da Igualdade presentará nas delegacións da Xunta en Lugo, Ourense, Coruña e Vigo as axudas que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presentará ás entidade entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento e ao persoal dos Centros de Información á Muller (CIMs), o programa de concesión de subvencións a programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na nosa comunidade, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, para o período 2016 e 2017, cun orzamento de 975.000 euros.
López Abella manterá a vindeira semana xuntanzas nas catro provincias con representantes das entidades de iniciativa social, entidades da rede de trata, entidades con experiencia no ámbito da inserción laboral e co persoal das delegacións da Xunta que traballan na Unidade de Igualdade, co fin de explicarlle de primeira man as axudas, xa que son totalmente pioneiras a nivel estatal. Así, a titular de Igualdade estará o vindeiro mércores na delegación de Lugo e posteriormente na de Ourense; o xoves 19 de maio, na delegación da Coruña, e finalmente o venres 20 de maio na delegación de Vigo.
Convocatoria das axudas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
A convocatoria, pioneira a nivel estatal, ten por obxecto desenvolver programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia, e a inserción sociolaboral é un mecanismo fundamental e clave para que unha muller que sufriu violencia de xénero consiga a súa independencia económica e persoal, tan necesaria para rachar os vínculos con agresor e acadar a súa efectiva recuperación integral
A Xunta mantén o compromiso de articular unha resposta global á problemática da violencia de xénero en calquera das súas modalidades e consecuencias a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas e ás persoas ao seu cargo, fortalecendo a prevención para avanzar na erradicación desta lacra, polo que é preciso dotar ás vítimas da violencia de xénero das ferramentas necesarias para incorporarse ao mundo laboral e obter independencia económica. Polo que esta orde ten como obxectivo prioritario o desenvolvemento de programas de inserción laboral, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para a súa recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.
Poden ser destinatarias das subvencións reguladas na convocatoria, as entidades de iniciativa social que que cumpran as obrigas e requisitos esixidos nesta resolución e que carezan de ánimo de lucro, teñan o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma, non se atopen en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ademais cumpran e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.