O importe supera os 106.000 euros
O mercado municipal de Ribeira continúa sendo obxecto de melloras; unha praza de abastos que xa ostenta o selo de Mercado Excelente. O Concello adxudica a climatización desta instalación municipal que redundará nos traballos de instalación de calefacción, ventilación e aire acondicionado para a mellora das prestacións a praceiros e clientes.
O orzamento de licitación situouse nos 120.956’40 euros, IVE incluído. A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste S.L. resultou a adxudicataria das nove que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 106.469’11 euros, con impostos, financiado en parte coa subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da cal resultou beneficiaria a Administración local por importe total de 137.415,38 euros para a mellora do conxunto do mercado municipal. O prazo de execución das obras será de catro meses unha vez formalizado o contrato.
Mellora da iluminación perimetral
A maiores, a Concellería de Mercados acometeu recentemente a reposición da iluminación perimetral do edificio, actuando nun total de 21 puntos de luz e cambiando a LED. As tarefas foron executadas pola empresa Ferrovial por 2.301’78 euros.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.