Monday 22 de June de 2026

Participantes do Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores despediron o curso cunha viaxe a Padrón


 Uns 60 veciños tomaron parte desta visita cultural

O Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores do Concello de Ribeira despediu na fin de semana o curso 2025-2026 cunha viaxe cultual a Padrón, na que tomaron parte unhas 60 persoas.

O itinerario incluíu unha visita guiada á Casa Museo Rosalía de Castro, onde tiveron a oportunidade de coñecer a historia rosaliana na Casa da Matanza na compaña do presidente da Fundación, Anxo Angueira, e do músico, Xabier Díaz.

Tamén se achegaron ao legado doutra figura literaria como é Camilo José Cela, achegándose ata a institución que leva o seu nome para observar obxectos gráficos, literarios e pictóricos que atesoura esta fundación na honra do Premio Nobel.

Esta estadía rematou cunha recepción na casa consistorial da man do alcalde desta localidade, Anxo Arca.

Con relación a este programa, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, explica que “dende o Concello de Ribeira temos un
forte compromiso con promover o envellecemento activo con numerosos cursos que se desenvolven tanto na cidade como nas parroquias, co obxectivo de incentivar o deporte, pero tamén aprender sobre temas que lles resulta de interese á nosa cidadanía. Esta viaxe de fin de curso serviu para poñer o broche de outro a unha nova edición do programa, dar e benvida ao verán como merecen despois de todo canto traballaron durante o inverno e agardar a que comecen as clases en outubro.”

Deja un comentario