A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, participou hoxe na sinatura do convenio entre o Ateneo ribeirense e a Asociación de Amigos de Valle-Inclán de Vilanova de Arousa para impulsar conxuntamente actividades no eido cultural. O documento foi rubricado polo presidente do Ateneo, Ciprián Rivas, e do presidente da dita asociación, José María Paz. Neste senso, posteriormente, tiveron lugar os primeiros actos ao abeiro deste acordo coa presentación do número 51 da revista ‘Cuadrante’ -unha publicación con 26 anos de traxectoria- e do libro ‘Los orígenes de Valle-Inclán. (Tierra, linaje y leyenda)’. Durante a recepción, a edil destacou o establecemento de sinerxías como unha “valiosa ferramenta que nos permitirá coñecer máis sobre Valle-Inclán e a súa pegada en Ribeira como xa puidemos albiscar algo nas primeiras xornadas de historia do noso municipio.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.