O goberno local confirmou que as piscinas descubertas municipais non abriran ata mediados de xullo, varias semanas despois do habitual inicio da tempada estival.
O retraso evidencia unha falta de planificación, xa que se trata dun servizo que se pon en marcha todos os anos mediante procedementos previsibles.
Alternativa solicitou información ao respecto nas comisións informativas celebradas onte xa que en anos anteriores tamén houbo incidencias no inicio da tempada. A resposta do goberno resultou escueta alegando a orixe do atraso a cuestións administrativas.
O grupo lamenta que a veciñanza non poida dispoñer das instalacións durante boa parte do verán. “As piscinas abren na mesma tempada cada ano e a situación administrativa do Concello é coñecida. Precisamente por iso, os trámites deberían iniciarse coa antelación suficiente.” Sinalan dende o grupo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.