Sunday 21 de June de 2026

Máis de medio cento de ribeirense formáronse na décima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia


 Patrimonio, fotografía e contorna dixital foron as temáticas a impartir

A décima edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia chegou á súa fin co acto académico realizado no salón nobre de Fonseca, no que, ademais da entrega de diplomas, houbo concerto de música explicada do grupo de música antiga Catro Quince.

Máis de medio cento de veciños e veciñas maiores de 50 anos de Ribeira participaron neste proxecto que, nesta convocatoria, lles permitiu formarse en patrimonio, fotografía e contorna dixital.

Nesa xornada de clausura acompañounos a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, quen destacou este tipo de iniciativas “que permiten estar en constante aprendizaxe e actualización polas temáticas a impartir.”

Deja un comentario