Sunday 21 de June de 2026

Recomendacións e avisos para a cidadanía con respecto á pirotecnia das festas de San Xoán


Facilítanse os horarios dos fogos de ruído para que a xente con mascotas ou que padeza sensibilidade acústica poda sabelos con antelación

Transmitímoslle á cidadanía os horarios dos disparos dos fogos de ruído previstos para este San Xoán para que as persoas con mascotas ou que padezan de sensibilidade acústica podan anticiparse. Tamén informamos das medidas de seguridade recomendadas para o público que asista ao espectáculo de fogos de artificio que terá lugar o domingo 28 de xuño a partir das 00.00 horas na Agra da Lagoa e que correrán a cargo de Pirotecnia Rocha-Areas.

Tamén hai que lembrar que un ano máis porase en práctica a HORA DO SILENCIO nas barracas e atraccións situadas no Rego da Balsa, que será de 18.00 a 19.00 horas todos os días desde o 19 de xuño, en que comeza o seu funcionamento, ata o fin das festas.

Recomendacións de seguridade para os fogos de artificio:

1. Os fogos artificiais e as celebracións van xuntos. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.

2. É conveniente acudir coa antelación suficiente ao lugar de celebración, polo menos uns 30 minutos antes.

3. Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista dos fogos artificiais é a 150 metros de distancia ou moito máis alá.
4. No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carritos, etc., por propia seguridade) é conveniente chegar pronto para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade.

5. En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, acudir aos Membros de Asistencia Sanitaria que estarán situados de forma estratéxica ao longo da Barreira de Seguridade.

6. Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos, convén lavar con auga abundante e non frotarse.
7. Aínda que é raro que aconteza, si un compoñente do lume artificial cae ao piso sen explotar preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e explosionar). Hai que avisar inmediatamente a persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros ou Protección Civil. Nunca o manipules.
8. Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.

Horarios dos fogos de ruído durante as celebracións do San Xoán (do 20 ao 28 de xuño):

Sábado 20/06

20.00 h. Disparo – Foliada do San Xoán

Luns 22/06

12.00 h. Salva- Inicio Festas
20.30 h. (aprox.) Disparo – Inicio do pregón
21.30 h. (aprox.) Disparo – Finalización do pregón

Martes 23 /06

21.00 h. Disparo – Inicio Cachela

Mércores 24/06

11.00 h. Salva
12.30 h. Salva
13.30 a 14.00 h. Disparos procesión
18.30 h. Salva
19.30 h. Salva
23.00 h. Disparo – Inicio Concerto Baiuca

Xoves 25/06

11.00 h. Salva
12.30 h. Salva
18.30 h. Salva
20.00 h. Disparo – Inicio Verbena Os Satélites
23.00 h. Disparo – Verbena La última legión

Venres 26/06

11.00 h. Salva
12.30 h. Salva
21.30 h. Disparo – Inicio Concerto Tito Ramírez
23.00 h. Disparo – Inicio Concerto Joe Crepúsculo

Sábado 27/06

13.00 h. Disparo – Inicio Rockin’ sesión vermú
21.00 h. Disparo – Inicio Rockin’ noite

Domingo 28/06

13.00 h. Salva festiva
18.30 h. Salva festiva

Deja un comentario