Thursday 18 de June de 2026

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo de maneira festiva con música e cine


 No 26 de xuño terá lugar o acto institucional

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Loli Crujeiras, manifestou que “a Administración local ribeirense lanza unha programación para reivindicar e celebrar o Orgullo, ademais de seguir na senda de visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ e defender os dereitos. Isto tamén é avogar por unha sociedade máis igualitaria.”

As actividades comezarán no venres, 26 de xuño, cun acto institucional, ás 12.00 horas, na sala polivalente do Auditorio municipal cunha homenaxe a Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández. Paralelamente, na praza do Concello, haberá o Festi Pops, que terá continuidade ás 20.00 horas.

O programa proseguirá no sábado, 27 de xuño, cun dúas actuacións musicais na praza de Porta do Sol: Silvia Superstar, ás 20.00 horas, e Broken Peach, ás 22.30 horas.

Para o domingo, 28 de xuño, proxéctase unha sesión vermú con Dani DJ na contorna do parque de García Bayón, ás 13.00 horas, mentres
que, ás 21.00 horas, haberá cine na rúa co filme Elisa e Marcela, na praza do Concello.

Finalmente, no 5 de xullo, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal soará unha reedición do concerto Grandes Iconas, da orquestra Sons. Un cento de artistas cantarán temas de Alaska, Rocío Jurado, Queen, Tino Casal ou Raffaella Carrà. As entradas seguen á venda na páxina web www.ataquilla.com e na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. O prezo sitúase nos 30 euros, máis gastos de xestión.

Deja un comentario