Wednesday 17 de June de 2026

Continúan as clausuras dos distintos obradoiros dirixidos ás persoas maiores promovidos polo Concello de Ribeira


 Hoxe despediuse a segunda edición das clases de inglés

Chega o verán e toca despedir ata o vindeiros curso as clases do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores promovido polo Concello de Ribeira. Hoxe chegou ao seu fin a segunda edición do taller de inglés que conta con preto de medio cento de participantes diferenciados nos niveis de iniciación e perfeccionamento impartidos por profesorado nativo.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, achegouse ata o Centro Cultural Lustres Rivas para saudar ao alumnado e desexarlles unhas boas vacacións á espera de que comece un novo curso no mes de outubro. Con relación a estas clases, o edil destacou a “a incorporación de alumnado masculino a este obradoiro que é dos máis recentes do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores, pois esta é a segunda edición. Nunca é tarde para aprender e, por iso, quixemos diversificar a oferta educativa ao abeiro deste programa que impulsamos dende a Concellería de Servizos Sociais.”

A maiores, na tarde de onte, 16 de xuño, clausuráronse algúns dos obradoiros que se desenvolven na parroquia de Aguiño, onde hai enriquecemento educativo, memoria, taek-health, artes plásticas…
“Esta é a parroquia con maior implicación nas actividades dirixidas a persoas maiores”, apuntou o edil. O acto desenvolveuse na casa do mar da parroquia e centrouse nunha serie de regueifas nas que foron traballando durante o período académico. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Sampedro, e os edís Vicente Mariño e Fernando
Abraldes.

Deja un comentario