Wednesday 17 de June de 2026

Adxudicada a execución de dous proxectos de mellora da rede viaria en catro parroquias


As obras, que afectan a núcleos de Torás, Vilaño, Soandres e Lestón, suporán un investimento de 166.000 euros.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse adxudicar a execución de dous proxectos de mellora da rede viaria que afectan a zonas rurais situadas en catro parroquias.

Unha das actuacións localízase no núcleo da Areosa en Vilaño. Prevese actuar en aproximadamente 300 metros de estradas para renovar a superficie de rodadura dos vehículos e reforzar a seguridade coa nova sinalización horizontal e vertical.

En Torás intervirase nos accesos á Braña nunha lonxitude de 452 metros. Ademais de renovar o pavimento e reforzar a sinalización, acondicionaranse os sobreachos para incorporalos á plataforma da calzada.

Esas mesmas obras levaranse a cabo nos núcleo de Borreiros e O Loureiro de Borreiros, en Soandres, con outros 450 metros de vía afectados, e en tres estradas da Grela, en Lestón, que superan o medio quilómetro de distancia. Neste último caso aproveitaranse os traballos para ampliar a rede de abastecemento de auga e dotar con ese servizo ás vivendas unifamiliares construídas recentemente nesa zona.

O investimento total alcanzará os 166.000 euros, que serán cofinanciados pola Deputación da Coruña ao estar estes proxectos incluídos no Plan Único POS+.

Deja un comentario