O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballo vén de facer pública a súa oferta definitiva de prazas vacantes para o vindeiro curso escolar 2026/2027. En total, o centro municipal disporá de 38 novas vacantes distribuídas entre as súas doce especialidades, das cales 14 corresponden ao grao elemental e 24 ao grao profesional.
A oferta de vacantes deste ano abrangue unha ampla variedade de disciplinas e familias musicais, garantindo a continuidade da aprendizaxe e a captación de novo talento na comarca. A listaxe oficial inclúe vacantes en clarinete (5), violín (5), trombón (4), frauta (4), percusión (3), piano (3), saxofón (3), violoncello (3), acordeón (2), viola (2), trompeta (2), guitarra (1) e trompa (1).
O CMUS tamén está a realizar os exames de ingreso a 1º curso. A semana pasada realizáronse as probas para os/as aspirantes a grao profesional, e para hoxe martes, ás 17.00 horas, están convocados/as os/as de grao elemental. Para obter máis información detallada, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa secretaría do centro municipal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.