Monday 15 de June de 2026

Preto dun cento de persoas despediron o obradoiro de taekhealth promovido polo Concello de Ribeira


 Trátase dunha das actividades do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores

Participantes no obradoiro de taekhealth do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores promovido polo Concello de Ribeira despediron hoxe unha nova edición coa chegada do verán.

Preto dun cento de persoas asistiron durante este curso ao obradoiro que se desenvolveu en Ribeira e Aguiño para fomentar o exercicio entre a poboación de maior idade.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazouse ata a clase especial que tiveron no módulo de taekwondo da Fieiteira con motivo da clausura. Alí puido coñecer a opinión dos participantes sobre o actual curso e recoller suxestións cara a vindeira edición.

Para o edil, “este obradoiro foi todo un éxito. Dende o Concello de Ribeira botamos a andar o programa de dinamización e promoción social das persoas maiores para ofrecerlles alternativas de ocio durante os meses de menor actividade do ano, levando estas propostas tamén ás parroquias. E xa tomamos nota para o próximo curso. Agora toca que desfruten do verán.”

Deja un comentario