Monday 15 de June de 2026

Alumnado do Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras coñece o traballo dos efectivos policiais e de emerxencias


 Tiveron ocasión de probar a vestimenta e medios materiais

A Policía local de Ribeira, o Grupo de Apoio a Emerxencias Municipal e os bombeiros fixeron hoxe unha exhibición de medios a alumnado de infantil e primaria do colexio Sagrado Corazón de Jesús, na parroquia de Castiñeiras.

Durante esta actividade realizada como antesala ás vacacións do verán, a rapazada puido coñecer o traballo dos profesionais da seguridade e das emerxencias, os seus vehículos e as ferramentas e vestimenta coas que traballan habitualmente, entre eles, un dron.

Deja un comentario