Monday 15 de June de 2026

A XXVII Mostra de Cans de Caza de Abegondo coroa aos seus gañadores nunha multitudinaria xornada nas Quintás


• O premio ao Mellor Can da feira recae nun exemplar de Antas de Ulla, mentres que o galardón de Caza Maior vaise ao municipio veciño de Vilarmaior.

O Concello de Abegondo, en colaboración coa Asociación de Cazadores de Abegondo, celebrou este domingo cun rotundo éxito de asistencia e participación a #vixésimo sétima edición da súa Mostra de Cans de Caza. Desde as 10.00 horas, a leira As Quintás reuniu a criadores, afeccionados e aos mellores exemplares da xeografía galega.

A cita, xa consolidada como un referente ineludible no calendario, culminou coa esperada entrega de premios nas diferentes categorías valoradas polos xuíces. Os encargados de entregar os galardóns foron o alcalde, José Antonio Santiso Miramenotes; o concelleiro Marcos Zapata Díaz e membros da Asociación de Cazadores de Abegondo. Entre os grandes protagonistas da xornada brillou con luz propia ‘Capitán’, un espectacular exemplar da raza Gascon Saintongeois propiedade de García, que se alzou co máximo galardón ao Mellor Can da mostra e que viaxou directamente desde Antas de Ulla.

Pola súa banda, a sempre disputada categoría de Caza Maior tivo como vencedor indiscutible a Pepe Leira, procedente do Concello de Vilarmaior, grazas ao seu extraordinario Sabuxo Español de nome ‘Amolia’.

Resultados

MELLOR CAN
Propietario: García (Antas de Ulla) – Can: Capitán – Raza: Gascon Samtengois

CAZA MAIOR
1º Premio: Pepe Leira (Vilarmaior) – Can: Amelia – Raza: Sabuxo Español.
2º Premio: Manuel Bada – Can: Kango – Raza: Grifón Leonado de Bretaña.
3º Premio: Fran Rozas – Perro: Sio – Raza: Porcelana.

CAZA MENOR DE PLUMA
1º Premio: Rubio (Sada) – Can: Arai – Raza: Pointer.
2º Premio: Santiago Mena – Can: Titi – Raza: Setter Gordon.
3º Premio: Iván (Pontevedra) – Can: Sasha – Raza: Setter Inglés.

CAZA MENOR DE PELO
1º Premio: Raúl (Paderne) – Can: Terri – Raza: Beagle.
2º Premio: Alvesames – Can: Tango – Raza: Beagle.
3º Premio: Chago Larín – Can: Perea – Raza: Sabuesa Suíza.

MELLOR LOTE
Gañador: Josacho (A Larcacha) – Cans: Papa, Roma, Bonita e Pequena – Raza: Anglo-Francés.

MELLOR CAMADA
Gañador: Pedro (Abegondo) – Raza: Grifón Azul de Gascuña.

Deja un comentario