Por segundo ano consecutivo, Neda celebrou o Día mundial de tecer en público cunha quedada. Iso si, desta volta as altas temperaturas que se viviron durante toda a xornada obrigaron ao Concello a levar o encontro ao interior da Casa das Palmeiras, onde se desenvolveu a maior parte do tempo e onde as persoas participantes estiveron ao fresquiño. Así, durante toda a tarde, unha decena de persoas de diferentes idades -de entre 6 e máis de 70 anos- compartiron calceta e gancho, e tamén, conversa e afección antiestrés. Na cita tomaron parte varios nenos e mozos, que herdaron o gusto polas labores das súas avoas e bisavoas, garantía de que a tradición continuará no contexto dixital. Con múltiples beneficios para a saúde mental e física, o encontro contou co apoio da Mesa Local de Saúde.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.