Monday 15 de June de 2026

Exhibicións deportivas, actividades, comida e música para despedir o curso no CPI Cruz do Sar


● A xornada comezou sobre as 11.00 horas e non terminou ata as 20.30 horas.

Os nenos e nenas do CPI Cruz do Sar despediron hoxe, sábado 13 de xuño, o curso ao grande nunha xornada que se estendeu desde a mañá ata ben entrada a tarde e que estivo repleta de exhibicións deportivas, actividades, comida e unha foliada.

Os máis madrugadores chegaron ao redor das 11 horas para desfrutar dos inchables antes do inicio das exhibicións deportivas, que comezaron ás 11.50 horas no pavillón do colexio. O primeiro grupo en participar foi o de taichí, que saíu ás 11.50 horas. Ás 12.00 saíu o grupo de ximnasia rítmica; ás 12.25 o de taekwondo; ás 12.50 o de danzas urbanas; ao 13.10 atletismo e pecharon a mañá os nenos e nenas de patinaxe ás 13.30. A actividade continuou pola tarde de 16 a 18 horas na zona do comedor, onde se celebraron partidas de xadrez e talleres de robótica e pintura.

Todos e todas trasladáronse á zona do monte sobre as dúas do mediodía para a comida. A esa hora comeron os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e, ao terminar, fíxoo o alumnado de ESO e os adultos. Para facilitar o traslado da comida e a comodidade, permitiuse o acceso de vehículos á zona do monte de 8.30 a 11.00.

Ao terminar para comer comezaron as diferentes actividades, tales como xogos inchables, talleres ou xogos tradicionais. Ademais, instalouse un panel fotográfico e unha máquina de flocos de millo. A agrupación de Música Tradicional de Bergondo puxo o toque musical á xornada.

Para terminar, ás 20.00 horas e como colofón a esta xornada de diversión, houbo unha festa da espuma para poñer punto e final ao curso 2025/26.

Esta actividade estivo coorganizada entre o Concello, o centro e a APA As Mariñas do CPI Cruz do Sar. Colaboraron Protección Civil de Bergondo, Cruz Roja de Betanzos e a Agrupación de Música Tradicional de Bergondo.

Deja un comentario