Friday 19 de June de 2026

O paseo marítimo converteuse de novo na mellor pista de atletismo para acoller a IX Carreira escolar Concello de Neda


Máis dun centenar de nenos e nenas tomaron parte na cita

Neda celebraba esta mañá a IX edición da súa Carreira escolar coa participación de máis dun centenar de nenos e nenas de entre 3 e 13 anos. A maioría, dos centros educativos da localidade, ata 49 cativos e cativas do CEIP de Maciñeira e 41 do CEIP San Isidro. Na relación de coles participantes, este ano tamén figuraron o CEIP Plurilingüe de Ponzos, das Mercedarias e do Belén (Ferrol); Jorge Juan, Santiago Apóstol e Ayala (Narón), e o CPI Atios (Valdoviño).

Puntuais á cita, as familias comezaban a chegar contra as 9:30 h, hora fixada para a recollida de dorsais, e con moito entusiasmo e tamén nervios, os pequenos e pequenas facían exercicios de quecemento antes de tomar a saída. A partir das 10 horas, a contorna do albergue de peregrinos, e nomeadamente o paseo marítimo, convertíase na mellor das pistas de atletismo, sucedéndose as saídas nas 5 categorías da cita: peques (cunha distancia de 50 m), sub-8 (350 m), sub-10 (700 m), sub-12 e sub-14 (1.050 m).

Deste xeito, a carreira escolar convertíase de novo nunha gran festa do deporte, fomentando a práctica da actividade física, a afección polo atletismo dende a infancia, e como non, a convivencia, o compañeirismo e o deporte en igualdade.

A carreira pechábase coa entrega de trofeos para os 3 primeiros clasificados,e como as posicións foron o de menos, a totalidade dos nenos e nenas participantes recibiron medalla.

CLASIFICACIÓN:
Feminina
Peques: Kailani Novo (1º), Manuela García (2º) e Aurora Losada (3º)
Sub 8: Maialan Andollo (1º), Nahia García (2º) e Valeria García (3º)
Sub 10: Sofía Pena (1º), Alicia Morales (2º) e Waffae Jemi (3º)
Sub 12: Lía Sancho (1º), Xela Pérez (2º) e Andrea Soler (3º)
Sub 14: Alicia Pardo (1º), Laura Fernández (2º) e Ruth González (3º)

Masculina
Peques: Carlos Aguiar (1º), Bruno Fernández (2º) e Manuel Fojo (3º)
Sub 8: Eric Neira (1º), Fabio Feal (2º) e Lucas Álvarez (3º)
Sub 10: Jorge Pardo (1º), Enzo Díaz (2º) e Xalo Dopico (3º)
Sub 12: Roi Marcal (1º), Xandre Dopico (2º) e Lois Couce (3º)
Sub 14: Martiño Miraz (1º)

Deja un comentario