Friday 19 de June de 2026

A Festa do Cabalo de Teixeiro cumprirá un cuarto de século o 2 de agosto


● O programa inclúe concurso morfolóxico, probas de andadura, o Campionato Galego de Enganches e un espectáculo ecuestre

● O evento premiará o relevo xeracional con medalla a todos os nenos e nenas menores de 12 anos que acudan a cabalo

A Festa do Cabalo de Teixeiro acada este cumprirá un cuarto de século o domingo 2 de agosto. O evento terá lugar no estacionamento do polígono industrial baixo a organización do Concello de Curtis e a colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e a Federación Hípica Galega.

O programa contará cun concurso morfolóxico e probas de andadura, tanto para non federados como para participantes no Campionato Galego. A xornada acollerá tamén o Campionato Galego de Enganches e completarase cun espectáculo ecuestre.

A organización entregará premios e trofeos aos gañadores de todas as probas. Ademais, haberá distincións especiais para o grupo máis numeroso, para a muller e a nena de maior e menor idade e para o home e o neno de maior e menor idade. Como premio ao relevo xeracional, todos os nenos e nenas menores de 12 anos que acudan a cabalo recibirán unha medalla conmemorativa desta edición do cuarto de século.

Ao longo destas vintecinco edicións, a Festa do Cabalo consolidouse como unha das citas destacadas do calendario ecuestre da nosa zona. Con este evento, o Concello amosa o seu compromiso coa conservación das tradicións do rural e coa cultura da cría do cabalo.

Deja un comentario