Esta medida intégrase na Mesa Local da Infancia e Adolescencia
A Mesa Local da Infancia e Adolescencia de Ribeira (MIA), coordinada pola Concellería de Servizos Sociais, inicia unha campaña de recollida de información para a elaboración da I Guía de recursos de atención á infancia e adolescencia no municipio de Ribeira.
Será un material gratuíto en formato dixital, ao servizo da cidadanía, ao que lle dará difusión dende o Concello de Ribeira unha vez editada.
Durante a primeira fase de recollida da información, as representantes de cada comisión enviarán un convite de participación ás distintas entidades que atenden á infancia e adolescencia no municipio.
Aquelas entidades que desexen difundir os seus programas a través da guía, teñen a oportunidade de participar cubrindo o seguinte formulario online antes do 5 de xullo: https://forms.gle/DNHKMwGrap2pE9Dg9.
De non recibir convite electrónico algunha entidade que atenda directamente ao referido colectivo, pode participar igualmente, accedendo á ligazón.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.