Alternativa trasladou ao goberno as queixas da veciñanza do Temple que reclaman a presenza habitual de coches en dobre fila en distintas zonas do Temple, especialmente na Praza Manuel Murguía.
O grupo reclamou a necesidade de estudar medidas coorinadas coa Policía Local para reducir estas incidencias e mellorar a fluidez da mobilidade.
As queixas recibidas dende o grupo matizan que se trata dun trastorno diario que supón tanto vehículos como peóns circular por zonas con moito tránsito nestas condiciones.
Alternativa considera necesario actuar antes de que este tipo de comportamentos se normalicen, xa que repercuten negativamente na convivencia diaria.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.