Sunday 14 de June de 2026

Alternativa reclama o asfaltado para o Lugar de Laxe


O pasado pleno Alternativa demandou o asfaltado de varios rueiros no Lugar de Laxe que continúan con pavimento de terra.

A veciñanza leva anos solicitando melloras nestas vías sen opter solucións por parte do goberno local, a pesar das dificultades que a situación xera no día a día.

A falta de pavimento afecta ás persoas residentes na zona e agrávase especialmente durante os meses de choiva, cando o estado do firme dificulta a mobilidade e o tránsito.

A veciñanza precisa as actuacións necesarias para garantir unhas infraestruturas adecuadas que faciliten a calidade de vida, independentemente da súa localización no municipio.

Deja un comentario