Alternativa remitiu un escrito formal á Consellería de Educación solicitando a paralización da implantación da FP de Mantemento de Vehículos previsto para o IES Carral, coa finalidade de garantir as condicións materiais, humanas, organizativas e pedagóxicas necesarias.
A dimisión do Equipo Directivo do IES de Carral e a mobilización das familias constitúe un feito que evidencia o malestar existente arredor dunha decisión que foi adoptada unilateralmente dende a Consellería e Concello.
Por ese motivo, Alternativa reclama a apertura dun proceso de diálogo real coa dirección do centro, o profesorado e as familias para aclarar os criterios da implantación, os recursos previstos e as condicións nas que se desenvolvería a nova oferta formativa.
Alternativa insiste que a ampliación da oferta formativa en Carral é unha boa noticia, pero defende que debe realizarse con planificación para garantir as condicións necesarias para unha educación de calidade tanto ao alumnado da nova oferta formativa como ao xa matriculado no IES.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.