• A cita celebrarase o vindeiro sábado, 27 de xuño, na Brexa a partir das 12.00 horas.
• Esta xornada contará con diversas actividades, desde inchables acuáticos e festa da espuma para os máis pequenos, ata sesión vermú e a actuación de Ángel Habana.
O Concello organiza a Festa do Verán en Familia, que terá lugar na área recreativa da Brexa o sábado, 27 de xuño, a partir das 12.00 horas.
Os asistentes que necesiten descargar materiais para o evento poderán acceder cos seus vehículos entre as 12.00 e as 13.30 horas. Unha vez concluído este prazo de entrada, a programación arrincará oficialmente coa sesión vermú.
Para comer haberá racións dispoñibles de churrasco e polbo, pero os asistentes tamén poderán levar a comida de casa. O recinto contará con mobiliario de mesas e cadeiras dispoñible para os asistentes.
En todo caso, será imprescindible realizar a reserva previa antes do xoves, 25 de xuño. Aquelas persoas interesadas en obter máis detalles sobre a xornada ou en reservar mesa poden dirixirse ao Local Interxeracional, en horario de 16.30 a 19.30 horas de luns a venres, ou contactar a través do teléfono ou WhatsApp no número 674 793 475.
Pola tarde, de 16.00 horas ata as 19.00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables acuáticos e da festa da espuma, actividades para as que necesitan dispoñer de roupa de baño. Durante este mesmo tramo horario, prevense diversas sorpresas adicionais que completarán a oferta lúdica, xunto co espectáculo musical ofrecido por Ángel Habana.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.