O alcalde, Ángel García Seoane, e o presidente de ADEAC, José Palacios, procederon esta mañá en Bastiagueiro ao izado da bandeira que acredita os 40 anos recibindo a bandeira azul. Esta é a única praia de Galicia e de toda a península, agás 6 valencianas, que leva recibido este distintivo ininterrompidamente desde o 1987.
Tanto en Bastiagueiro como nas demais praias do municipio, o luns comezará a funcionar o servizo de salvamento e socorrismo cun total de 47 persoas que garantirán a seguridade, ata o día 15 de setembro en horario de 11 a 20 horas. O servizo de salvamento e socorrismo estará formado por 36 socorristas, 6 patróns de embarcación, 3 auxiliares de información e primeiros auxilios, 1 supervisora e 1 xefe de equipo.
Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza aprobada no 2014 que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.
O Concello fai un chamamento a todas as persoas usuarias das praias a que respecten as normas e atendan as indicacións dos socorristas. Un consumo responsable da auga das duchas e o uso das papeleiras son algúns dos comportamentos individuais que poden axudar a mellorar estes espazos públicos. Durante o verán tampouco está permitido acceder con cans ás praias.

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.