Thursday 11 de June de 2026

Cheo total no concerto de fin de curso das pandeireteiras da UNED Sénior de Lousame


O auditorio da Casa da Cultura de Lousame quedou pequeno para acoller o concerto de fin de curso 2025-2026 da UNED Sénior de Lousame, que tivo lugar esta fin de semana. As 110 prazas dispoñibles foron rapidamente ocupadas por un público que desfrutou coas actuacións da pandeireteiras do Liceo de Noia, dos Jaitas Blue e da Aula de Lousame da Unión Sénior A Coruña. Ao acto asistiron a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces.

Deja un comentario