Thursday 11 de June de 2026

O Concello de Ribeira procede co pintado do carril bici do paseo do Touro


 A actuación supón un investimento próximo aos 30.000 euros

O Concello de Ribeira acomete o pintado do carril bici do paseo do Touro que actualmente presenta un pavimento de formigón e de cor gris; unha obra enmarcada no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD).

A intervención busca mellorar a mobilidade e seguridade do corredor ciclista do borde litoral, así como as condicións de accesibilidade.
Deste xeito, o espazo reservado ao tránsito de bicicletas estará diferenciado das zonas de uso peonil ao contar cun pavimento diferente tanto na cor como na textura superficial. Ademais, este firme será antiesvaradío e facilmente identificable.

En consecuencia, os traballos consisten na limpeza e saneado da superficie, aplicación de imprimación, o subministro de dobre capa de morteiro asfáltico en cor verde e pintado e o pintado de sinalización horizontal.

Dita actuación é executada pola empresa Rinol Rocland Sueco, S.L. por un importe de 29.408,34 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation.

Deja un comentario