O alcalde, Ángel García Seoane, e a 1ª tenente de alcalde, María José Varela, recolleron en Esteiro, no Concello de Xove, as 5 bandeiras azuis outorgadas ás praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro para este verán. A de Bastiagueiro é a única praia de Galicia que leva recibido este distintivo ininterrompidamente desde o 1987.
O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.