Alternativa solicitou a convocatoria dun Pleno Extraordinario Urxente para abordar a implantación do Grao Básico de Mantemento de Vehículos no IES Carral, trás a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O grupo reclama explicacións ao goberno local despois de que, hai apenas uns días, se trasladase publicamente que a posibilidade estaba en estudo, mentres que a información publicada pola Xunta apunta á incorporación á oferta educativa do próximo curso.
Alternativa valora positivamente a ampliación da oferta formativa no municipio, pero considera imprescindible que un proxecto destas características conte coa planificación adecuada, o consenso da comunidade educativa e os recursos e espazos necesarios para garantir o seu correcto desenvolvemento.
Por ese motivo, a formación considera necesario que o goberno informe con claridade sobre o proceso seguido, a situación actual do proxecto e as previsións para a súa implantación. Asimesmo, demandou que a sesión plenaria sexa ás 20,00 horas para posibilitar a asistencia da comunidade educativa e da veciñanza interesada.
Alternativa tamén anunciou a renuncia á compensación económica por asistencia derivada da celebración deste pleno extraordinario.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.