O investimento supera os 150.000 euros
O Concello de Ribeira avanza na remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e accesibilidade á praia de Coroso dentro do seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino.
Esta actuación busca articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística.
Para tal fin, estase construíndo unha rampla accesible para a praia, a creación dunha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), a substitución das varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes.
As obras son executadas pola empresa Transmaser Excavaciones, S.L. por un investimento de 155.791,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.