• O Concello asina o contrato coa empresa Hidrantia para iniciar de xeito inminente uns traballos que contan cun prazo de execución de catro meses e financiamento do plan único POS+ 2025 da Deputación
O Concello de Paderne acaba de adxudicar as obras de mellora da rede de saneamento de auga no lugar da Calzada, unhas obras financiadas a través do Plan Único POS+2025 da Deputación da Coruña.
O Concello formalizou o acordo coa empresa Hidrantia Gestión Integral del Agua para comezar os traballos de construción da nova rede de saneamento no lugar de Calzada. Esta intervención conta cun investimento total que ascende exactamente a 180.750,62 euros.
Con esta dotación, o goberno local dará unha resposta eficaz e duradeira ás necesidades de canalización e tratamento de augas residuais dos fogares deste núcleo, garantindo as máximas condicións de salubridade para a veciñanza.
O alcalde de Paderne, Sergio Platas, valorou moi positivamente este avance sinalando que “a execución deste proxecto na Calzada supón un avance fundamental na modernización dos nosos servizos básicos. Levar a rede de saneamento a onde aínda se precisa é unha prioridade absoluta para este goberno, porque falar de sumidoiros e de auga é falar de calidade de vida e de dignificar o día a día dos nosos veciños do rural, á vez que protexemos o noso medio ambiente ao evitar a contaminación do subsolo”.
A empresa adxudicataria dispón de catro meses para executar a totalidade das canalizacións sobre o terreo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.