Wednesday 10 de June de 2026

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil busca novas incorporacións


Fundada no ano 1993, a AVPC conta na actualidade con 20 voluntarios e voluntarias que colaboran activamente co Servizo Municipal de Emerxencias, Policía Local e Garda Civil do municipio.

O seu labor abrangue unha ampla variedade de actuacións, cun marcado carácter preventivo orientado a garantir a seguridade da cidadanía e minimizar riscos antes de que se produzan situacións de emerxencia. Neste sentido, destacan os dispositivos preventivos en eventos deportivos terrestres e marítimos, a vixilancia ante alertas meteorolóxicas, presenza en festas populares e concentracións multitudinarias, buscas de persoas desaparecidas…

Todas aquelas persoas interesadas en colaborar e formar parte deste equipo poden dirixirse ao correo electrónico avpcoleiros@gmail.com. Non é necesaria experiencia previa. O único requisito é ter ganas de aprender e axudar.

Deja un comentario