Wednesday 10 de June de 2026

Gran musical Aladdín o domingo na praza Esther Pita de Santa Cruz


O Concello organiza este domingo 14 de xuño, ás 18.00 horas na praza Esther Pita de Santa Cruz, un gran musical no que máis de 200 artistas interpretarán unha adaptación musical da película Aladdín, o clásico de Disney. Participará a Orquestra Sinfónica e os coros da Escola Municipal de Música, o coro “Tremenda Tremolina” e un grupo da Escola Municipal de Danza

Desta maneira a Escola Municipal de Música de Oleiros continía coas súas actuacións de fin de curso. Nesta ocasión a Orquestra Sinfónica, constituída pola orquestra de cordas, a Banda da escola, a Banda xuvenil e a Big Band, agrupando a un cento de músicos, estará acompañada polos coros da propia escola e polo coro “Tremenda Tremolina”, así como por unha representación do alumnado da Escola Municipal de Danza.

Ao longo de todo o día haberá outras 12 actuacións de distintas agrupacións da Escola Municipal de Música en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. A última será o concerto da Big Band, ás 21:00 horas na praza do Castelo.

Deja un comentario