Alternativa requeriu, novamente, explicacións ao goberno local sobre a situación do contrato coa empresa redactora do Plan Xeral de Ordenación Muncipal.
Xa fai case un ano que o actual goberno actual anunciou a revisión do contrato, sen dar avances ata o de agora, a pesar de que este é un dos puntos clave para poder avanzar co PXOM.
No mes de xaneiro, tamén a petición de Alternativa, dende o executivo trasladouse que estaban pendentes dos informes técnicos correspondentes, sen unha concreción nin de prazos, nin de avances. Situación que se mantén na actualidade.
Alternativa destaca a complexidade deste asunto, que empeorou notablemente pola mala xestión do anterior goberno de Unión por Cambre (UXC). “Os 400 mil euros destinados ao PXOM non se repercutiron en beneficio da veciñanza, senón en declinar a balanza de dous procesos electoriais a UXC.” Sinalan dende o grupo.
Porén, dende Alternativa defenden que o punto de mira ten que estar no que se pode facer agora, reconducindo a situación e ofrecendo certezas dos avances do PXOM á cidadanía.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.