Tuesday 09 de June de 2026

Obradoiro sobre ciberseguridade


Navegar con seguridade non ten idade

Hoxe compartimos unha mañá de aprendizaxe e reflexión no obradoiro “Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros”, unha iniciativa da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración do Concello de Carballo. Un total de 22 persoas, a gran maioría alumnas e alumnos da nosa escola de informática para maiores de 60 anos, achegáronse ás Escolas do Xardín Agra de Caldas para afondar nos riscos e oportunidades do mundo dixital.

Grazas á proxección dun documental e á charla posterior puidemos analizar:
✅ Que hai realmente detrás das redes sociais.
✅ Como protexer os nosos datos persoais.
✅ Claves para identificar a desinformación e os intentos de manipulación.

Un pracer ver como os carballeses e as carballesas seguen a demostrar que a curiosidade e as gañas de aprender non teñen idade. Seguimos traballando por unha veciñanza máis conectada, pero sobre todo, máis segura e crítica coa tecnoloxía!

Deja un comentario