Tuesday 09 de June de 2026

Día Internacional dos Arquivos


Hoxe, 9 de xuño, celebramos o Día Internacional dos Arquivos da mellor maneira posible: enchendo o noso arquivo municipal de vida, curiosidade e mocidade!

Para conmemorar esta data, hoxe celebramos unha xornada de portas abertas co obxectivo de achegar o tesouro documental de Carballo a toda a veciñanza. Os primeiros en descubrir os segredos que gardan os nosos estantes foron os alumnos e alumnas de 6º de primaria
do CPR Artai, que se converteron por unhas horas en auténticos investigadores da nosa historia local.

O arquivo municipal está ao servizo de toda a cidadanía. Para visitalo só hai que chamar previamente ao 981 704 100 para pedir cita.

Deja un comentario