Un operativo municipal recorreu varias rúas do centro cunha ambulancia para comprobar que se respcetan as dimensións necesarias para a circulación dos vehículos de emerxencias
O Concello levou a cabo hoxe unha actividade de vixilancia para asegurar que as terrazas dos establecementos cumpren coas normativas de ocupación da vía pública. Para facer as comprobacións, un operativo percorreu varias zonas da cidade cun vehículo de emerxencias, medindo os espazos dispoñibles para garantir o seu paso.
“Trátase dunha actividade que axuda aos locais a visualizar a necesidade de cumprir coas normas, que, como sempre recordamos desde o Concello, non están postas por capricho, senón por seguridade. Nun caso de emerxencia, os vehículos dos operativos sanitarios, policiais ou de bombeiros deben poder circular por todas as zonas. Isto é fundamental. Non entorpecer o traballo dos nosos profesionais pode salvar vidas”, subliñou Montse Paz, concelleira de Seguridade Cidadá e Interior.
A meirande parte dos locais situados na ruta realizada polo vehículo cumprían coas normas, e os que non o facían foron advertidos da necesidade de desprazar o mobiliario. Tal e como recordou a concelleira, as terrazas das rúas do centro deben respectar en todo momento a sinalización do solo que marca as dimensións máximas de ocupación, non podendo exceder a marca nin o mobiliario nin o toldo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.