O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 13 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 14 de xuño, desde as 11:00 horas.
Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:00 horas, no Parque Luís Seoane desde as 12:00 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 13:00 horas.
Pola tarde celebrarase o gran musical ALADDÍN! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica da Escola Municipal de Música, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola Municipal de Danza.
A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.
Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.
Consulta todos os horarios das diferentes actuacións nas rrss e web do Concello de Oleiros:
PARQUE DO EMIGRANTE (acústico)
11:30 – Banda Infantil
11:45 – Colectiva de Percusión
PONTE DO CASTELO (piano)
11:00 – Colectiva de Canto
11:15 – Pianos
PARQUE LUIS SEOANE
12:00 – Tuba
12:05 – Colectiva de Cordas
12:20 – Ensemble de Chelos
12:35 – Ensemble de Clarinetes
13:45 – Ensemble de Frautas
RÚA DO MAR
13:00 – Combos
13:50 – Colectiva de Gaita + Colectiva de Acordeón PRAZA ESTHER PITA
18:00h – Gran musical ALADDÍN. Coa Orquestra Sinfónica EMMO, Coro La tremenda Tremolina, Escola de Danza
PRAZA DO CASTELO
21:00 h – Concerto da Big Band




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.