Tuesday 09 de June de 2026

Máis coordinación, mellores festas


Alternativa solicitou na Xunta de Goberno maior coordinación entre do Concello coas comisións de festas ou entidades para garantir unha boa organización e desenvolvemento adecuado dos eventos que se celebran no municipio.

A petición xorde tras as queixas veciñais recibidas polo estado no que amenceu o centro da vila na mañá do domingo, despois da Festa da Xente Nova.
Alternativa considera necesario revisar os mecanismos de control e supervisión municipal para garantir unha mellor planificación, respostas áxiles ante as posibles incidencias, facilitar o traballo que fan as asociacións (ou comisións de festas) e un coidado adecuado dos espazos públicos.

Deja un comentario