Tuesday 09 de June de 2026

Ambar inicia o seu programa de lecer, cultura e deportes inclusivos, grazas á financiación do IRPF, xestionado dende COGAMI.


A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puido iniciar o seu programa de lecer, cultura e deportes inclusivos. Este proxecto é posible co cofinaciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende COGAMI.

O obxectivo desta actividade é promover da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través do deporte e de ocio, creando ademais oportunidades de convivencia con outras persoas e axentes da comunidade.

O proxecto xurde da necesidade de afondar na inclusión dende a perspectiva da cohesión social entre diferentes axentes, fomentando a autonomía das persoas no seu entorno próximo e evitando que se institucionalice a persoas con diversidade en actividades illadas. Por esa razón, o proxecto xira a través da participación tanto de persoas mozas, como de outros membros da comunidade fomentando así as relacións sociais e o apoio mutuo. Grazas a esta axuda tamén foi posible realizar o proxecto “Adecuación e mellora do centro Talentos Diversos”.

Ambar conseguirá a través deste programa promocionar a inclusión das persoas con diversidade funcional tanto a través de actividades deportivas, de ocio e inclusión social, como con formacións para o emprego inclusivo, impartidas na seu centro Talentos Diversos.

Deja un comentario