O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor as investigacións e achegas dos tres autores do monográfico: Carlos Nárdiz, José Ramón Soraluce e Miguel Rodríguez Bugarín
A sala Leonardo da Vinci, na Domus, acolleu este luns o acto de presentación do monográfico «Viaxeiros ao tren. 150 aniversario do ferrocarril na Coruña», unha iniciativa promovida polo Concello a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor este traballo, que profunda na historia da chegada do ferrocarril á cidade herculina, que relata os numerosos obstáculos que se superaron polo camiño para poder contar con este medio de transporte.
Por exemplo, as dificultades orográficas, que demoraron o proceso ata mediados do século XX para ver completado o proxecto de conectar A Coruña con Madrid.
O edil destacou a calidade das investigacións e achegas dos tres autores do monográfico: Carlos Nárdiz, José Ramón Soraluce e Miguel Rodríguez Bugarín, vinculados ao Instituto Cornide e á Universidade da Coruña. A obra afonda no mapa de liñas existente en Galicia no século XIX mais tamén na arquitectura das estacións de ferrocarril e no posterior desenvolvemento do ferrocarril na comunidade.
Os tres colaboraron para desentrañar a complexa trama política, social e económica —así como o reto empresarial e construtivo— que foi preciso superar e coordinar hai 150 anos para que as coruñesas e os coruñeses puidesen subirse ao tren.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.