Monday 08 de June de 2026

Visita faro Estrelas no Camiño


Hoxe recibimos no Faro Vilán aos 30 cociñeiros e cociñeiras con Estrella Michelin que participan no 12ª edición do evento Estrelas no Camiño.

Despois de visitar as instalacións de Stolt Sea Farm desfrutaron dun ágape, cortesía de Galicia Calidade, na sala da Asociación de Empresarios de Camariñas, a quen desde o Concello de Camariñas agradecemos que cedese as instalacións.

Os chefs recibiron un agasallo moi especial por parte de Stolt Sea Farm, un rodaballo feito de encaixe de Camariñas.

Deja un comentario