Monday 08 de June de 2026

O concello colabora cos colexios no programa Aprende a travñes do surfing


Participan os CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión nesta iniciativa que vincula o deporte co respecto do medio ambiente.

Aprende a Través do Surfing é unha iniciativa que se marca como obxectivo propoñer este deporte como ferramenta educativa coa finalidade de que o alumnado adquira unha cultura de surf, traballe o autocoñecemento e xere un vínculo co mar e o seu entorno para respectar os espazos naturais e o medio ambiente en xeral. É desenvolvido na Laracha pola Federación Galega de Surf e a escola Caión Surf House.
A proposta educativa inclúe a realización, en horario lectivo, dunha fase teórica nas aulas, tanto con módulos en liña como actividades vivenciais presenciais nos propios centros de ensino, e finaliza coa saída á praia de Caión para poñer en práctica o aprendido. Esta última parte realizouse hoxe cun grupo que recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Ensino e Deportes, Patricia Bello.
O Concello e os propios centros de ensino apostaron nos últimos anos por levar esta actividade aos colexios do termo municipal. Nesta edición o Concello asumiu os custes da actividade dos estudantes de 6º de primaria.
Desde o Concello da Laracha apóiase a iniciativa considerando que é unha oportunidade para que os rapaces poidan iniciarse na práctica do surf e, ao mesmo tempo, tomen conciencia da importancia de conservar os espazos acuáticos e respectar o medio ambiente.

Deja un comentario