Monday 08 de June de 2026

A Xunta sanciona ao Concello de Carral por vertidos contaminantes ao río Brexa


O Concello de Carral paga 5.000 euros de sanción imposta por Augas de Galicia debido aos vertidos ao río Brexa polo mal funcionamento da EDAR do Quenllo.

O anuncio do actual goberno da súa constucción por parte da Consellería continúa sen avances e, pola contra, chega esta sanción.

A sanción evidencia a deixadez e a mala xestión do goberno do actual goberno nun asunto tan importante como é o saneamento e a protección do medio ambiente.

Alternativa dos Veciños insta ao goberno a informar á veciñanza da situación actual na depuradora do Quenllo.

Deja un comentario