O titular do Executivo galego encomiou o esforzo amosado por equipo e corpo técnico tanto durante a tempada regular como na Final Four celebrada esta fin de semana no Coliseum da Coruña, da que resultaron gañadores. O presidente tamén tivo palabras para a directiva e para a afección do club, que non deixou de crer. Por último, Rueda salientou que con este ascenso Galicia consolida o gran momento do seu deporte, tamén no baloncesto, con tres equipos galegos que xogarán na máxima categoría masculina e outros tres na feminina. “Imos presumir o vindeiro ano, que é o gran ano de Galicia, o ano Xacobeo, do que ides facer en ACB grazas ao voso esforzo”, afirmou.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.