Monday 08 de June de 2026

O BNG demanda información sobre o ARI da Fonte da Balsa


– A Área de Rehabilitación Integral foi aprobada en setembro de 2023, de xeito unánime a iniciativa do BNG.
– En setembro de 2025 aprobouse, tamén a iniciativa do BNG, unha partida de 200.000€ destinada aos traballos do ARI.
– Transcorrido todo este tempo a veciñanza segue sen ver avances reais nas tan demandadas melloras no seu barrio.
– O BNG quere saber cales foron os traballos feitos pola Administración dirixida polo Sr. Rioboo e en que punto se encontran na actualidade.

O BNG de Culleredo presentou unha pregunta dirixida ao Goberno Municipal para coñecer cal era a situación actual dos traballos para a constitución da Área de Rehabilitación Integral na Fonte da Balsa.

A consecución da declaración do ARI polo Pleno Municipal foi un logro demandado durante moito tempo pola veciñanza da zona, cansa dos desplantes do Goberno de José Ramón Rioboo ás súas demandas de melloras para o barrio. Foi levada a Pleno polo Grupo Municipal do BNG e aprobada por unanimidade en setembro de 2023.

Transcorridos case 3 anos, é preciso coñecer cales foron os traballos desenvoltos nos case 3 anos transcorridos desde a súa aprobación perante a Administración da Xunta de Galiza, en concreto no Instituto Galego de Vivenda e Solo, órgano encargado da súa aprobación definitiva.

As Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) son conxuntos urbanos que por algunha circunstancia especial precisan ser rehabilitados con urxencia. Temos numerosos exemplos de zonas que conseguiron fondos para actuacións de mellora coa colaboración estreita entre a administración autonómica e a local. Na Coruña, Labañou, O Ventorrillo ou a Cidade Vella, entre outras zonas, víronse beneficiadas polos investimentos feitos desde o IGVS.

Tono Chouciño, voceiro municipal nacionalista, lembra que “aínda en novembro de 2025 o BNG conseguiu reservar unha partida de 200.000€ para os traballos que lle corresponde financiar ao Concello relativos ao ARI, pero continuamos sen ver avances na súa tramitación. Fíxose realmente algo ou estamos diante doutro caso de desleixo do Goberno do Sr. Rioboo no desempeño das súas funcións?.”

Deja un comentario